
Este é un evento repetitivo2 outubro, 2021 20:00
01out20:00Reino da extinciónESPECTÁCULOS | 8,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto
Reino da extinción
Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que unha personaxe da prehistoria sexa tan galega coma unha do século das luces? Foi Galicia a mesma en todos os momentos da súa historia? Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda das nosas catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste alén tan axitado que, por veces , paréceselle moito ao inferno!
AMORODIO TEATRO
Idade: Público adulto
As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio
Venres 1 ás 20:00
Sábado 2 ás 20:00
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra