VIALIA
bannerPicnicSesions

'REGRESO A LA PASIÓN' (opción online)

01nov19:30'REGRESO A LA PASIÓN' (opción online)CONCERTOS | De balde19:30(GMT-11:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A gala dramatizada “Regreso á Paixón”, que pon fin ao Outono Lírico dos Amigos da Ópera de Vigo, será retransmitida por streaming este domingo, ás 19,30 horas desde o teatro Afundación, e poderá seguirse en directo polas canles de Facebook ou de Youtube a da asociación.
Na mesma intervirán cantantes de talla internacional como Ismael Jordi, Mariña Comparato, Sonia de Munk, Felipe Bou ou Javier Franco que interpretarán, acompañados ao piano por Javier Carmena, arias e escenas de óperas como “D. Carlo”, “I Puritani”, “ Lucia dei Lammermoor”, “ Werther”, “Romeo y Julieta”, “Los Pescadores de Perlas”, “Un ballo in Maschera”, “Carmen”, “Sansón e Dalila” ou “ Beatrice dei Tenda”. A dirección escénica é de Ignacio García, director do festival de Teatro Clásico de Almagro, e tamén actuará na mesma a actriz galega Isabel Naveria, coñecida pola súa participación en series como “Fariña”, “Mareas Vivas”, “ Serramoura” ou “As mozas do cable”.

Dada a recente limitación de aforo do teatro a 60 espectadores, a AAOV entendeu que esta é a mellor opción para dar difusión ao concerto e que non só aqueles que teñan entrada poidan gozar deste evento, facéndoo extensible a que todos os afeccionados que o desexen, poidan gozar deste recital.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT-11:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!