
'Redeiras' de Darío Basso
Detalles do eventos
Se a principios do século XX a viguesa rúa Eduardo Chao foi o escenario urbano onde as mulleres do mar estendían as redes para poder proceder ao seu
Detalles do eventos
Se a principios do século XX a viguesa rúa Eduardo Chao foi o escenario urbano onde as mulleres do mar estendían as redes para poder proceder ao seu remendo e a súa seca, desde hoxe a sede da Deputación, que ocupa o mesmo viario, toma o relevo para volver a dar todo o protagonismo ás redeiras galegas. Así debe entenderse a exposición de Darío Basso, na que se pode ver o percorrido pictórico que fixo o artista ata chegar a dar vida ao grande mural que viste a fachada da sede provincial.
Na exposición, Basso expón unha parte dos materiais que utilizou para pintar o mural, e dos bosquexos que foi creando ata chegar a súa obra final na parede exterior da sede viguesa, unha mostra que o propio artista definiu como “unha homenaxe ás mulleres do mar, para recordar o seu traballo silenciado e a relación desta cidade co mar”. Recordou o traballo de investigación antropolóxico que fixo sobre o oficio das redeiras, ”mulleres indispensables no sistema alimentario e económico pero invisibilizado”. O artista tamén relatou como “despois de tantos anos emigrado, para maior aprendizaxe da miña pintura, emocionábame cando saía a correr con cada esquina, con cada movemento da ría, con cada cor da cidade que me mirou crecer e á que volvía. Todo iso, dixo, quería devolver con este mural e esta exposición”
Na mostra, que poderase ver ata o 8 de xaneiro, figuran os bosquexos que Basso creou a partir da imaxe e plástica das redes da pesca, 27 acuarelas e un espectacular políptico “Patente”, con 15 fragmentos de teas que foron colocadas no exterior da sede, sobre o chan para protexelo da pintura durante a execución do mural. Amais, tamén se amosan os materiais que empregou para pintar, concretamente dous coxíns de sofás e unha manta que serviron para o arrastre da pintura sobre a fachada.
Horario
De luns a venres: 9:00 – 14:00
Máis
Hora
20 novembro, 2020 09:00 - 8 xaneiro, 2021 14:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra