'Recunchos ao sol' de Pablo Galdo
Detalles do eventos
RECUNCHOS AO SOLA mostra consiste nunha recompilación de debuxos realizados nas rúas da cidade de Vigo, retratando algúns lugares que pola súa riqueza espacial, a beleza das
Detalles do eventos
RECUNCHOS AO SOL
A mostra consiste nunha recompilación de debuxos realizados nas rúas da cidade de Vigo, retratando algúns lugares que pola súa riqueza espacial, a beleza das edificacións, as súas características ambientais ou as relacións producidas entre a cidadanía me incitaron a analizalos utilizando o debuxo como ferramenta.
Recunchos ao Sol é unha invitación a observar a miña mirada sobre espazos destacados da cidade olívica, comentar situacións que seguro que temos compartido moitos habitantes da mesma e analizar como a cidade se vai transformando co tempo e influíndo nas nosas vidas a favor ou en contra da vontade cidadanía.
PABLO GALDO
Estudou Arquitectura na Universidade de A Coruña e posteriormente estivo traballando nun estudio de arquitectura en Vigo. Neste último año comezou a recibir encargos e percatouse de canto se valoran os oficios fronte aos proxectos de construción, a necesidade de traballos detallistas para conseguir un acabado similar ao deseñado e o déficit que existe entre estas disciplinas cando se propoñen elementos modernos. Por iso, actualmente está a reinventarse estudando un ciclo de carpintería para coñecer o material en profundidade e mellorar a sinerxía entre as dúas disciplinas.
A súa traxectoria artística comeza nunha viaxe por Europa en Novembro de 2016, recentemente rematada a carreira universitaria. Propúxose facer un debuxo dos seus lugares favoritos de cada cidade visitada para coller soltura e desenvolver un estilo propio. Despois doutra viaxe por Brasil, voltou a Vigo e continuou debuxando e analizando a súa cidade. Agora, por fin ten o gusto de presentar unha materialización deste proceso de tres anos descubrindo a cidade dunha forma alternativa.
A exposición pode visitarse desde o 1 de decembro ata o 30 de xaneiro na Praza dos Ratos (Teófilo Llorente 75, Vigo)
Máis
Hora
1 decembro, 2021 - 30 xaneiro, 2022 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Praza dos Ratos
Rúa Teófilo Llorente, 75