VIALIA
bannerPicnicSesions

'Recunchos ao sol' de Pablo Galdo

01decTodo o día30xan'Recunchos ao sol' de Pablo GaldoARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Praza dos Ratos

Detalles do eventos

RECUNCHOS AO SOL
A mostra consiste nunha recompilación de debuxos realizados nas rúas da cidade de Vigo, retratando algúns lugares que pola súa riqueza espacial, a beleza das edificacións, as súas características ambientais ou as relacións producidas entre a cidadanía me incitaron a analizalos utilizando o debuxo como ferramenta.

Recunchos ao Sol é unha invitación a observar a miña mirada sobre espazos destacados da cidade olívica, comentar situacións que seguro que temos compartido moitos habitantes da mesma e analizar como a cidade se vai transformando co tempo e influíndo nas nosas vidas a favor ou en contra da vontade cidadanía.

PABLO GALDO
Estudou Arquitectura na Universidade de A Coruña e posteriormente estivo traballando nun estudio de arquitectura en Vigo. Neste último año comezou a recibir encargos e percatouse de canto se valoran os oficios fronte aos proxectos de construción, a necesidade de traballos detallistas para conseguir un acabado similar ao deseñado e o déficit que existe entre estas disciplinas cando se propoñen elementos modernos. Por iso, actualmente está a reinventarse estudando un ciclo de carpintería para coñecer o material en profundidade e mellorar a sinerxía entre as dúas disciplinas.

A súa traxectoria artística comeza nunha viaxe por Europa en Novembro de 2016, recentemente rematada a carreira universitaria. Propúxose facer un debuxo dos seus lugares favoritos de cada cidade visitada para coller soltura e desenvolver un estilo propio. Despois doutra viaxe por Brasil, voltou a Vigo e continuou debuxando e analizando a súa cidade. Agora, por fin ten o gusto de presentar unha materialización deste proceso de tres anos descubrindo a cidade dunha forma alternativa.

A exposición pode visitarse desde o 1 de decembro ata o 30 de xaneiro na Praza dos Ratos (Teófilo Llorente 75, Vigo)

Máis

Hora

Decembro 1 (Mércores) - Xaneiro 30 (Domingo)(GMT+01:00)

Localización

Praza dos Ratos

Rúa Teófilo Llorente, 75

Other Events