REVISTA ABRIL

Recortes, caneos e outras formas de driblar

12nov18:00Recortes, caneos e outras formas de driblarESPECTÁCULOS | Desde 16,00€18:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

PASES
Sábado 12 ás 18:00 e 21:00
Domingo 13 ás 20:00

Chega a Vigo Recortes, caneos e outras formas de driblar: teatro, fútbol e música para que desfruten todos os públicos. O sábado 12 e o domingo 13 de novembro, o Teatro Afundación acollerá esta obra protagonizada por Xosé A. Touriñán que xorde da última investigación de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol profesional.

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

Logo do éxito de Fariña, o espectáculo teatral, Nacho Caretero volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé A. Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Texto: José Luís Prieto

Dirección: Tito Asorey

Escenografía: Coti

Iluminación: Laura Iturralde

Música: Vadim Yukhnevich

Elenco: Xosé A. Touriñan, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoan Fórneas, Manolo Cortes, Sergio Zearreta

Foto: Aigi Boga

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)