Recortes, caneos e outras formas de driblar

12nov21:00Recortes, caneos e outras formas de driblarESPECTÁCULOS | Desde 16,00€21:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

PASES
Sábado 12 ás 18:00 e 21:00
Domingo 13 ás 20:00

Chega a Vigo Recortes, caneos e outras formas de driblar: teatro, fútbol e música para que desfruten todos os públicos. O sábado 12 e o domingo 13 de novembro, o Teatro Afundación acollerá esta obra protagonizada por Xosé A. Touriñán que xorde da última investigación de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol profesional O novo libro sobre o máis descoñecido do deporte máis coñecido do xornalista coruñés aínda non está nas librarías, pero si nos escenarios, con este espectáculo dirixido por Tito Asorey. O encargado de adaptar os textos para o teatro foi José L. Prieto, con quen se completa o equipo que xa foi responsable do éxito de Fariña, o espectáculo teatral, e que agora repite con Recortes. O elenco, capitaneado por Xosé A. Touriñán, é un equipo de primeira que conforman Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta. Estes seis intérpretes traerán sobre as táboas un sinfín de personaxes —xogadores, adestradores, directivos, seareiros, xornalistas…— cos que ilustran o máis descoñecido do deporte máis coñecido. Este innovador espectáculo que conxuga dous tipos de entretemento que semellan moi afastados está atraendo aos teatros novos perfís de públicos, que é un obxectivo fundamental de Ainé. Con todo, Recortes non é só para quen lle guste o fútbol, senón que todo o mundo pode desfrutar das historias e da música coa que se acaba reflexionando non só sobre o mundo do fútbol profesional, tamén sobre as pulsións humanas e sobre como somos como sociedade. Esta produción de Ainé e o Centro Dramático Galego comezou a súa xira por Galicia tras estrearse en setembro no Salón Teatro de Santiago, onde a viron máis de 4.500 persoas. Ademais, Recortes clausurou coas localidades esgotadas a trixésimo primeira edición do FIOT en Carballo. Chega agora a Vigo tras pasar por Ourense e antes de continuar o seu percorrido por Narón, Pontevedra, Cangas, Burela, Lugo, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol. O calendario e a venda de entradas xa están dispoñibles na web recortes.gal.

Foto: Aigi Boga

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+01:00)