Recital de Grace Wells na galería Río Lagares

21set20:00Recital de Grace Wells na galería Río LagaresESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Galería Río Lagares

Detalles do eventos

Temos un novo espazo expositivo na cidade, trátase da Galería Río Lagares (rúa da Falperra, 16), iniciativa do polifacético artista Ce Tomé. O espazo conta con sala de exposicións, librería de segunda man, tenda de discos… E este mércores acolle o recital poético de Grace Wells, que estará acompañada pola música de Su Garrido Pombo.

A poeta irlandesa e gañadora da Bolsa de Poesía Aodh Ruadh Ó Domhnaill, Grace Wells (xunto con Jesús Castro Yáñez, que actualmente é poeta en residencia no Tyrone Guthrie Centre Annaghmakerrig), lerá poemas en inglés e galego no espazo cultural de Vigo máis novo e mais fundamental que nunca, Río Lagares na Rúa Falperra, o Mércores 21 ás 20:00h. Coa música da marabillosa e da poderosa Su Garrido Pombo Música. Na mesma noite, o tamén poeta irlandés Kaith Payne acompañará a Wells para lanzar a antoloxía trilingüe (inglés, galego, castelán) OS LÍMITES DA MIÑA LINGUA SON OS LÍMITES DO MEU MUNDO publicado pola Editora Urutau.

Máis

Hora

21 setembro, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Río Lagares

67PC+2F Vigo

Other Events