Recicla connosco
15xul12:00Recicla connoscoPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+02:00) Museo do Mar
Detalles do eventos
Desde o Museo do Mar organizan actividades para crianzas e familias todos os martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos do verán. As actividades teñen unha duración aproximada
Detalles do eventos
Desde o Museo do Mar organizan actividades para crianzas e familias todos os martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos do verán. As actividades teñen unha duración aproximada de 45 minutos e comezan ás 12:00 da mañá.
A asistencia é gratuíta, mais as familias interesadas deberán realizar unha reserva previa de 11:00 a 14.00 no 986247750.
Resumo das actividades:
Ven descubrir, entre outras cousas, a orixe da vida e como esta tivo lugar no mar, e remata facendo unha réplica don fósil mariño para levar á casa.
IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min
Ven a aprender como protexer os nosos mares de residuos e divírtete facendo un xoguete de refugallo.
IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min
Visita o acuario e coñece aos seus habitantes e algunha curiosidade sobre eles.
IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 30 min
Convértete en artesán/a castrexo/a e crea o teu propio pote empregando as técnicas daqueles tempos
IDADES: familias con nenos/as a partir de 6 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min
SÁBADO E DOMINGO: VISITA GUIADA AO MUSEO
Visita guiada de presentación do museo, dirixida a todas aquelas persoas que desexen coñecer o museo e os seus contidos principais
IDADES: recomendada a partir de 8 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 60 min
Máis
Hora
15 xullo, 2020 12:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes