xullo, 2020

Este é un evento repetitivo

14xul12:00Mar, orixe da vidaPEQUERRECHOS | De balde12:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do eventos

Desde o Museo do Mar organizan actividades para crianzas e familias todos os martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos do verán. As actividades teñen unha duración aproximada de 45 minutos e comezan ás 12:00 da mañá.

A asistencia é gratuíta, mais as familias interesadas deberán realizar unha reserva previa de 11:00 a 14.00 no 986247750.

Resumo das actividades:

MARTES: MAR, ORIXE DA VIDA

Ven descubrir, entre outras cousas, a orixe da vida e como esta tivo lugar no mar, e remata facendo unha réplica don fósil mariño para levar á casa.

IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min

MÉRCORES: RECICLA CONNOSCO

Ven a aprender como protexer os nosos mares de residuos e divírtete facendo un xoguete de refugallo.

IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min

XOVES: DESCUBRINDO O ACUARIO

Visita o acuario e coñece aos seus habitantes e algunha curiosidade sobre eles.

IDADES: familias con nenos/as a partir de 4 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 30 min

VENRES: O POTE CASTREXO

Convértete en artesán/a castrexo/a e crea o teu propio pote empregando as técnicas daqueles tempos

IDADES: familias con nenos/as a partir de 6 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 45 min

SÁBADO E DOMINGO: VISITA GUIADA AO MUSEO

Visita guiada de presentación do museo, dirixida a todas aquelas persoas que desexen coñecer o museo e os seus contidos principais

IDADES: recomendada a partir de 8 anos HORA: 12:00
DURACIÓN: 60 min

Hora

(Martes) 12:00

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X