Augusta

17mar18:00Recic-laxe: pintura ambientalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 CC A Laxe

Recic-laxe: pintura ambiental

DOUS MESES CHEOS DE TALLERES DE RECICLAXE PARA A CONCIENCIACIÓN SOCIAL

Da man da A Laxe e a través de WE Sustainability, achégannos a transformación cultural da sociedade mediante actividades regenerativas.“Apostar por actividades e plans cun enfoque lúdico e de concienciación é o que buscamos con este tipo de talleres” trasládanos Olga, xerente do Centro.

A localización da Laxe á beira do porto, a beiras da Ría de Vigo, é o enclave perfecto para celebrar o día da auga este 22 de marzo e para iso propoñémosvos todas estas actividades de reciclaxe, para seguir gozando dos nosos océanos e mares máis limpos.

Como podo asistir aos talleres?

A través desta ligazón. Enchedes o formulario cos vosos datos e listo! Todos son totalmente gratuítos, algúns deles con prazas limitadas e para público adulto ou máis novo.

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES

17 de marzo de 18 a 20h: pintura ambiental. Maiores de 10 anos (12 prazas).
Madeira vara das nosas costas será o que usaredes como lenzo neste taller. Baixo a supervisión e guía dun artista local, crearedes unha peza artística que servirá como elemento decorativo.

24 de marzo de 18 a 20h: arte sobre elementos de pesca. Maiores de 10 anos (12 prazas).
Utilizando a técnica do puntillismo usando elementos de pesca que terminan no océano, crearanse elementos decorativos e pezas de arte únicas á vez que reducimos a probabilidade de que volva terminar no medioambiente.

31 de marzo comezo ás 18h: eco-olimpíada. Para todas as idades (48 prazas).
Tras superar 5 probas, o equipo que máis puntuación consiga gañará un premio nunhas divertidas olimpíadas con diferentes xogos de reciclaxe.

14 de abril de 18 a 20h: bixutería con redes. Maiores de 10 anos. (12 prazas).
Crearanse pezas de bixutería con resina, nas que se inclúen restos de materiais de pesca recollidas das nosas costas.

21 de abril de 18 a 21h: demo de reciclaxe plástica. Maiores de 10 anos. (22 prazas).
Durante o taller, poderedes observar paso a paso todo o proceso de transformación de residuos ata convertelos en pezas de xoiería, llaveros, elementos co plástico que WE Sustainability colleita e clasifica de tipo 2, 5 e 6 (HDPE, PP e PS).

28 de abril de 18 a 20h: mural con residuos mariños. Para todas as idades. (participación libre).
A arte e a sustentabilidade van da man na expresión e concienciación, por iso, neste taller quen queira pode colaborar na elaboración dun mural de arte plástica.

Apúntache xa mesmo ao Recic-LAXE e úneche á RE-XERACIÓN!

Máis

Hora

(Venres) 18:00

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X