Reboiras. Acción e corazón

30set21:30Reboiras. Acción e corazónACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€21:30(GMT+02:00) Plaza Elíptica

Detalles do eventos

Máis sobre a película

Na madrugada do 12 de agosto de 1975 foi asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista en territorio galego, Xosé Ramón Reboiras Noia. En 2020, cando se fan os 45 anos do seu asasinato, ‘Reboiras. Acción e corazón’ leva á pantalla un retrato deste mozo galego construído desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de 29 entrevistas de testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra recrea a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e recolle filmacións históricas e de arquivo.

Tres pases en Vigo: mércores 30, xoves 1 e domingo 4. Todas elas ás 21:30h. Os dous últimos con coloquio do director, Alberte Mera.

Máis

Hora

(Mércores) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Plaza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events