VIALIA
ARRIBADA

Este é un evento repetitivo

'Realmente ahora no ya no'

26xan20:00'Realmente ahora no ya no'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Venres, sábado e domingo ás 20:00

Sinopse

Todas estamos interesadas no futuro, porque é onde ti e eu imos pasar o resto das nosas vidas. E lembrade, eventos futuros como este afectaranvos no futuro. Estás interesada no descoñecido, o misterioso, o inexplicable e por iso estás aquí.

Os incidentes, os lugares, non podemos manter isto en segredo por máis tempo. Amiga, pode o teu corazón soportar os asombrosos feitos que están a piques de sucedernos?

Realmente ahora no ya no é un dispositivo performativo e coreográfico baseado na lectura compartida dun guión. Pedirase a amable colaboración de dúas persoas do público para ler con nós. En agradecemento, serán agasalladas cun bocadillo.

ISTO FERVE

O festival decano de Teatro Ensalle naceu en 2005. Cun criterio de selección similar á programación habitual da sala, o Festival está programado para datas entre abril e maio (principio do derradeiro trimestre de programación da tempada en Ensalle) coa intención de reactivar o público na tempada estival. Con este obxectivo este Festival de Teatro e Danza adoita mesturar na súa programación compañías veteranas e novas (tanto nacionais coma internacionais), pero sempre cunha linguaxe innovadora. O calendario do Isto Ferve compóñeno obras que os programadores da sala seleccionan co obxectivo de sorprenderse a si mesmos, de aí que a expectativa do público ferva ante a incerteza.

Entradas

Máis

Hora

26 xaneiro, 2025 20:00(GMT+01:00)