bannerRevistaOnline

13nov19:30RaposadasPEQUERRECHOS | De balde19:30 Navia

Raposadas

Dentro da programación de magosto da Consellería de Normalización Lingüística está ‘Raposadas’, o contacontos de Raquel Queizás.

A raposa é moi lista e moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte, mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar contos que lles contan na lareira.
Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.
Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar e para despedirse dela todos os seus amigos póñense a danzar.

Espectáculo de contos con obxectos e monicreques. Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Duración: 50 minutos
Público: a partir de 3 anos

Sábado 12 de novembro ás 17:00 no Berbés
Domingo 13 de novembro ás 19:30 en Navia

Máis

Hora

(Domingo) 19:30

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

X