REVISTA ABRIL

QUERIDA LIBERDADE de Xurxo Martínez

02xuñ19:30QUERIDA LIBERDADE de Xurxo MartínezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

No 200 aniversario do seu nacemento, este volume aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de quen Manuel Murguía definiu como «el primero y el mejor», Antolín Faraldo, a voz de toda unha xeración, a alma da revolución de 1846, unha figura case mítica no imaxinario galego e que hoxe aínda segue a ser un gran descoñecido.

Querida Liberdade contén, por unha banda, un amplo estudo introdutorio, a cargo de Xurxo Martínez González, que nos mergulla de maneira trepidante nunha época tan apaixonada: con ritmo, estruturado en breves epígrafes e cunha clara vontade didáctica e divulgativa. Tras el, unha completa antoloxía con 45 artigos de Faraldo.

Máis