REVISTA ABRIL

QUEEN REVOLUTION

26mai20:30QUEEN REVOLUTIONCONCERTOS | Desde 28,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A banda italiana Queenuendo presenta un dos mellores espectáculos homenaxe a Queen do momento en Europa. Cunha xira renovada e un show cheo de cor e de interacción permanente co público. Cambios de vestiario, vídeo proxeccións e todos os éxitos de Queen en case dúas horas dun espectáculo que vira co nome de QUEEN REVOLUTION, como proxecto que se prolongará durante o ano 2023.

A banda está liderada por Nino Bolletieri (Nix Mercury), no papel de Freddie. É profesor de piano e canto e achega ao show, ademais dos seus coñecementos para interpretar como poucos a Mercury en vivo, en voz e piano, un parecido físico co orixinal que axuda a xogar co espectador en canto á cuestión estética.
Unha banda formada por grandes músicos entre os que destaca Vito Dematteis (Tuccio de Maggio), un guitarrista de longa traxectoria en diversos espectáculos homenaxe a Queen no papel de Brian May ao longo de case 20 anos percorrendo Italia e o resto de Europa.
Completando o proxecto están Luigi (Jonny Z) como John Deacon, e Giuseppe (T Belo) como Roger Taylor. Todos os compoñentes coinciden en ser músicos profesionais e de ter unha traxectoria nos escenarios como mellor aval para un espectáculo feito en directo.

Entradas

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)