REVISTA ABRIL

Qué conta a miña roupa?

26abr17:30Qué conta a miña roupa?PEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Coincidindo co 26 de abril, o MARCO súmase á celebración do Día do Neno e da Nena, e ao Manifesto difundido pola Fundación Crecer Jugando, a Asociación Española de Fabricantes de Juguetes e as entidades, organizacións e empresas do ámbito da infancia que quixeron participar e dedicar esta xornada aos máis pequenos.

Unha actividade moi especial que reforza a colaboración entre o Museo e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, destinada a persoas maiores afectadas de Alzheimer e a público infantil que participa habitualmente nas actividades didácticas do MARCO. A partir deste contacto interxeracional, experimentamos o poder da arte como ferramenta terapéutica, como reflexión individual e como vía de socialización. A proposta ten como punto de partida a exposición TERESA MORO. O Efecto Reliquia, que actualmente se exhibe nas salas do primeiro andar.

Destinatarios: persoas usuarias de AFAGA e público infantil de 7 a 12 anos

Lugar: salas de exposición e Espazo Anexo/Laboratorio das Artes

Data: martes 26 de abril 2022

Horario: de 17.30 a 19.00

Gratuíto. PRAZAS LIMITADAS

Previa inscrición en recepcion.marco@gmail.com

Máis