Proxecto 'Oceánicas, a muller e a oceonagrafía'

21set19:00Proxecto 'Oceánicas, a muller e a oceonagrafía'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

A Investigadora, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-CSIC) Victoria Besada, estará no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Juan Compañel) presentando o proxecto ‘Oceánicas: a muller e a oceanografía’.

‘Oceánicas: a muller e a oceanografía’:

Proxecto iniciado por un grupo de investigadoras e investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) que ten como obxectivo divulgar o traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos, tanto actuais como do pasado. Trátase de dar a coñecer a súa vida e obra, tratando así de xerar vocacións científicas en nenas e nenos, fomentar a súa creatividade, a súa capacidade de decisión e o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero desde idades temperás.
Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home. Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos.
Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas, ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.
Ademais, Oceánicas convértese nunha plataforma para que mulleres que traballan actualmente en Ciencias do Mar, tanto investigadoras como técnicas, estudantes, empresarias, etc., divulguen o seu traballo e axuden a descubrir a súa paixón pola ciencia e a natureza.

Programa completo de actividades para este outono:

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events