Detalles do eventos
Os incendios que debastaron Galicia en outubro de 2017 son seguro unha imaxe vívida na memoria de todos nós. Miguel Mosquera quere facernos reflexionar sobre esta catástrofe e
Detalles do eventos
Os incendios que debastaron Galicia en outubro de 2017 son seguro unha imaxe vívida na memoria de todos nós. Miguel Mosquera quere facernos reflexionar sobre esta catástrofe e a relación do ser humano coa contorna a través dunha mostra na que combina poesía e artes visuais. A exposición foi inaugurada o 14 de abril e pode visitarse ata o 2 de xullo na terceira planta da Fundación Laxeiro.
Nesta exposición Mosquera materializa a mensaxe que quere transmitir aunando a obxectividade dos feitos, a implicación emocional e as artes plásticas. Mapas con sobreimpresións, telas decoradas, poemas e diferentes obxectos que recordan os feitos acontecidos enchen a sala. Todo para facernos reflexionar respecto á nosa relación co entorno natural, xa que gran parte destes incendios foron intencionados, e sobre a relación co propio territorio como país. Unha chamada de atención cara a nosa forma de construírnos como pobo a partir dun evidente desapego co territorio, utilizando a arte como unha ferramenta política.
Se queres saber máis sobre a exposición consulta o artigo completo aquí.
HORARIO
Luns -18:00 h – 21:00 h
Martes -18:00 h – 21:00 h
Mércores -18:00 h – 21:00 h
Xoves -18:00 h – 21:00 h
Venres -18:00 h – 21:00 h
Sábado – 12:00 h – 14:00 h / 18:00 h – 21:00 h
Domingo – 12:00 h – 14:00 h
Hora
14 abril, 2023 18:00 - 2 xullo, 2023 21:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese



