COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Proxección:'Charing Cross Road'

14xuñ19:00Proxección:'Charing Cross Road'ACTIVIDADES PARA O COCO| De balde 19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

O Venres da EMAO presenta a proxección da película “84, Charing Cross Road” (1987) estreada en España baixo o título “A carta final” e protagonizada polos actores Anne Bancroft e Anthony Hopkins.
Helene Hanff, unha amante dos libros, especialmente da literatura inglesa, contacta cunha librería londinense especializada en libros usados, no número 84 de Charing Cross. Neste establecemento, Frank Doel ofrécese a mandar libros a todas partes do mundo, ao gusto do consumidor. Helene, marabillada, empeza a intercambiar cartas e libros con Frank. Esta correspondencia converterase axiña nunha longa conversa que durará vinte anos. Unha historia de amizade, humor e paixón pola literatura.
Unha exquisita adaptación do libro de Helene Hanff, no que a autora recollía unha selección da correspondencia que, desde 1949 a 1968, mantivo co libreiro Frank Doel.

Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 14 de xuño de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Máis