
Detalles do eventos
O Cineclub Lumière presenta o seu ciclo de novembro: “A IMAXINACIÓN COMO REFUXIO” A imaxinación e a fantasía están presentes dende os primeiros anos das
Proxección 'Technoboss'
O Cineclub Lumière presenta o seu ciclo de novembro: “A IMAXINACIÓN COMO REFUXIO”
A imaxinación e a fantasía están presentes dende os primeiros anos das nosas vidas, son os lugares aos que fuxir, onde podemos cumprir desexos e ser protagonistas dos nosos soños. A imaxinación para os tempos de desamparo, para vencer o sometimento que impón, as veces, a realidade cotiá.
Neste ciclo amosan personaxes que, nunhas circunstancias complexas, grazas á imaxinación son quen de construír un espazo íntimo onde poder agocharse para expresar profundas melodías e reflexións coas que acadar obxectivos…
“Technoboss”, Un tipo cunha vida normal e sen complicacións. Tras esa simulación hai unha enerxía que o achegará a mudar a súa vida. Pouco a pouco, a liña que separa a realidade da fantasía é cada vez más difusa. Acontecementos imaxinarios e absurdos invaden os espazos, amosando a súa transformación interior. O director usa o cine cunha creatividade diversa, cheo de metáforas visuais e hipérboles que realzan a realidade da ficción. Conta ademáis, cun conxunto de temas orixinais que non se esquecerán fácilmente “Technoboss, technoboss…”.
Máis
(Luns) 20:30
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra