
11abr19:00Proxección “Escribir lo imposible” e coloquioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 MARCO
Detalles do eventos
Proxección do documental “Escribir lo imposible” e coloquio entre o seu director Simone Saibene e o escritor Juan Tallón, protagonista do filme. Juan Tallón (Vilardevós,
Proxección “Escribir lo imposible” e coloquio
Proxección do documental “Escribir lo imposible” e coloquio entre o seu director Simone Saibene e o escritor Juan Tallón, protagonista do filme.
Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, en especial cando non escribe. Colabora con El País, Jot Down, El Progreso e Cadena Ser. Publicou sete novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou Rewind (Anagrama), un libro ambientado en Lyon sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Este documental narra a historia do proceso de creación de Rewind, da súa última novela, Obra maestra, e de como a nova realidade acabou apoderándose da ficción.
O martes 11 de abril ás 19:00 horas no Salón de actos do MARCO, aberto ao público en xeral con entrada gratuíta ata completar aforo.
Máis

(Martes) 19:00
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra