REVISTA ABRIL

Proxección e coloquio 'Negro Púrpura'

11nov18:00Proxección e coloquio 'Negro Púrpura'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Contarase coa presencia de Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades, directoras do filme e integrantes da produtora creativa Illa Bufarda para presentalo e falar sobre a súa alucinante historia.

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.
Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events