Proxección de 'Capturing Lee Miller'

09mar19:00Proxección de 'Capturing Lee Miller'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O salón de actos do MARCO acolle hoxe, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO no contexto do 8M Día Internacional da Muller, a proxección do documental ‘Capturing Lee Miller‘ (Teresa Griffiths, Reino Unido, 2020 ) en versión orixinal subtitulada en español seguida dun coloquio posterior co público asistente. A estadounidense Le Miller (Poughkeepsie, Nova York, 1907-1977) é unha das iconas femininas máis notables do século XX. Unha modelo convertida en fotógrafa reconvertida en reporteira de guerra: Miller elixiu vivir a súa vida segundo as súas propias regras. Este documental rende homenaxe a unha muller que desafiou a calquera que tentase suxeitala, poñela nun pedestal ou encasillala dalgunha maneira. Conta a historia dunha pioneira, a miúdo en desacordo coa moral da época, que se negou a ser subxugada polas figuras masculinas dominantes que a rodeaban.

Pola súa banda, como colaboración especial nesta actividade, a libraría LASAL BOOKS situará xunto á entrada do salón de actos unha selección de publicacións relacionadas coa obra de mulleres fotógrafas.

É unha actividade aberta ao público en xeral e con entrada gratuita ata completar capacidade.

Xoves 9 de marzo ás 19h.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events