Proxección + coloquio Orisel Gaspar

28xuñ19:00Proxección + coloquio Orisel GasparACTIVIDADES PARA O COCO | Entrada inversa19:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Presenza latinoamericana na cooperativa A Morada, de Vigo, que proxectará o mércores 28 de xuño a película cubana Siete días siete noches coa presenza de Orisel Gaspar, unha das grandes actrices da escena cubana, protagonista do filme e afincada en Vigo desde 2004.

Ao final da proxección haberá coloquio para coñecer detalles do proceso no que as persoas asistentes poderán ter unha conversación próxima coa artista e intercambiar impresións. A cooperativa A Morada, ofrece con esta sesión de cinema unha nova oportunidade de gozar do emblemático filme e o privilexio de ter un encontro con esta figura do panorama cultural da illa caribeña que é Orisel Gaspar, artista multidisciplinar de longa traxectoria que ha incursionado no teatro, a televisión, a poesía e a canción, o performance, a dirección de casting, é realizadora, docente de Interpretación e actualmente de Oratoria na escola de deseño Aula D de Vigo, quen ademais exerceu como promotora e creadora de proxectos culturais como Teatro Vivo de Cuba, Boberías, Apertas, Nós, el contenedor, entre outros.

O conversatorio estará acompañado pola especialista en xénero Priscila Retamozo, nacida en Buenos Aires, e afincada en Vigo desde 2003, formadora, autora xunto a Chis Oliveira dos libros Comando igualdade e A revolución feminista nas aulas, presentadora e directora de contidos de Histerikas Historikas.

Sete días sete noites, é un singular fresco barroco, unha película rodada en Cuba en 2001, cámara en man, polo seu director e guionista Joel Cano. Unha historia de ficción que se penetra no deambular de tres mulleres de diferentes procedencias que ven as súas vidas complicarse ao mesmo tempo.

Máis

Hora

28 xuño, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events