VIALIA
bannerPicnicSesions

Amigos de la ópera proxecta 'Falstaff: campanadas a medianoche'

11out20:00Amigos de la ópera proxecta 'Falstaff: campanadas a medianoche'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Amigos de la ópera Vigo organiza nove actividades durante o mes de outubro dentro do programa Outono lírico, entre elas a proxección de dous filmes. Ambos serán no Auditorio do Concello ás 20h con entrada de balde.

FALSTAFF, CAMPANADAS A MEDIANOCHE – 11 de outubro, 20h
Película de fala inglesa de 1965, producida en España e dirixida e interpretada por Orson Welles. A trama da película céntrase en Sir John Falstaff, personaxe recorrente de William Shakespeare, e na relación paternofilial deste personaxe co príncipe Hal, que debe elixir entre a súa lealdade a Falstaff ou ao seu pai, o rei Enrique IV.​

ÓPERA EN EL CINE: LA VIDA BREVE – 13 de outubro, 20h
La vida breve é unha ópera en dous actos do compositor español Manuel de Falla, sobre un libreto de Carlos Fernández Shaw. Aínda que o seu idioma orixinal é o español, foi estreada en idioma francés, no Casino Municipal de Niza, o 1 de abril de 1913.

O programa Outono lírico completo pode verse aquí.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events