
Programa IV - OV 430
01mai12:00Programa IV - OV 430CONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 presenta a ‘Tempada 2022’, consiste nun ciclo de concertos para o período xaneiro a maio de 2022, composto por cinco programas que se caracterizan
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 presenta a ‘Tempada 2022’, consiste nun ciclo de concertos para o período xaneiro a maio de 2022, composto por cinco programas que se caracterizan pola súa gran variedade, e que serán interpretados, como vén sendo habitual habitual, polas formacións de música de cámara, sinfónica e barroca.
O vindeiro domingo 1 de maio a partir das 12h. A formación presentará unha proposta especial e diferente, cun protagonismo tanto para o cinema como para a música do compositor vigués Brais González.
“As aventuras do príncipe Achmed” é a primeira longametraxe de animación que sobrevive, filmada máis dunha década antes do lanzamento de “Blancanieves”, de Walt Disney. A alemá Lotte Reiniger creou unha técnica de animación e visual única inspirada no teatro Wayang indonesio e varios teatros de sombras indochinos. O resultado é unha fermosa película de aventuras baseada en diferentes historias de “As mil e unha noites”
Este domingo, no Auditorio Municipal, os asistentes poderán gozar da reprodución da película sumada á interpretación en directo da banda sonora proposta por Brais González. Todo iso baixo a batuta da prestixiosa Isabel Rubio, directora
asociada á Orquestra Vigo 430.
Reservas no correo reservas@vigo430.com
Máis
Hora
1 maio, 2022 12:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra