
Primavera do Cine: Gala Clausura
Detalles do eventos
19:00 Gala Clausura A gala de clausura do festival consistirá na entrega de premios e da Mención Honorífica da presente edición. Estará conducida e amenizada
Detalles do eventos
19:00 Gala Clausura
A gala de clausura do festival consistirá na entrega de premios e da Mención Honorífica da presente edición. Estará conducida e amenizada por dous intérpretes de referencia no teatro e o audiovisual galego: Deborah Vukusic é licenciada en Hispánicas pola U.A.H. e en Interpretación pola R.E.S.A.D. Poeta, guionista e actriz, traballa en cine (Inevitable, La felicidad de los perros…), teatro (Raclette, Monstruación, Presas) e T.V. (El final del camino, LEX, Luci, El Comisario…). Adrián Ríos (Moaña, 1990) comezou a súa traxectoria en 2007. Licenciouse en Interpretación Textual en 2013 na ESAD de Galicia. Posteriormente formouse en Madrid (Centro del Actor). Entre os seus traballos máis recentes destacan Fillos do sol, en teatro; Fariña e Auga Seca, en tv; e ¿Qué hicimos mal? en cinema.
Máis
Hora
20 setembro, 2020 19:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes