VIALIA
bannerPicnicSesions

Primavera do Cine (Aud. Municipal)

19set11:0022:00Primavera do Cine (Aud. Municipal)FESTIVAIS E FEIRAS | Desde 3,00€11:00 - 22:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

11:00 Proxecto Remolque

“O Proxecto remolque comezou coa chegada do dixital e o desmantelamento dos cinemas en 35mm. Eu persoalmente non teño nada contra o dixital, todo o contrario, xa que permitiu a moita xente facer os seus proxectos con presupostos baixos e mesmo sen orzamento. Penso que poderiamos coexistir perfectamente e que hai sitio para os dous sen problema. Con todo, os vendedores de dixital non opinaban o mesmo, e a instalación do dixital trouxo implícito o desmantelamento do analóxico. Foi algo moi semellante ao desastre do Prestige, todo se solucionou a base de cartos e ameazas. Pois a raíz diso, un compañeiro proxeccionista que traballaba en varios cinemas ofreceume a posibilidade de rescatar un montón de cousas dos “vellos e bellos” cinemas, coma obxectivos, empalmadoras, bobinadoras e una morea de avances cinematográficos”

18:00 Estado de Malestar, de María Ruido

Segundo Mark Fisher na súa obra Realismo capitalista (2009), “O capital enferma ao traballador, e logo as compañías farmacéuticas internacionais véndenlle drogas para que poida sentirse mellor. As causas sociais e políticas da tensión quedan ao carón mentres que, inversamente, o descontento individualízase ao tempo que se interioriza”. No capitalismo fordista a enfermidade social era a esquizofrenia; no postcapitalismo robotizado e híper burocratizado a competitividade constante e a vixilancia sen fin convértennos en depresivos, en anoréxicas e bulímicos.

19:45 A febre, de Maya Da-Rin

Justino, un home de 45 anos que provén da tribo dos Desana, instalouse sendo mozo na cidade de Manaos (Brasil), onde se gaña a vida como garda de seguridade no porto. Recentemente viúvo, vive coa súa filla Vanessa, quen traballa de enfermeira nunha clínica desa zona amazónica. Cando a ela lle confirman unha bolsa para estudar medicina en Brasilia todo cambia para el. Unha misteriosa febre se lle desata por momentos.

21.45 A Noite dos Videoclips

Máis

Hora

(Sábado) 11:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events