
Primavera do Cine (Aud. Municipal)
Detalles do eventos
18:00 Noite Irisada, de Bea Vázquez Noite Irisada é un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia. A través dun coidado traballo de investigación,
Detalles do eventos
18:00 Noite Irisada, de Bea Vázquez
Noite Irisada é un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia. A través dun coidado traballo de investigación, o filme máis recente da viguesa Bea Vázquez Campaña ofrece unha completa panorámica dos profundos cambios socioculturais que se deron ao longo da historia: da normalidade das prácticas homosexuais en tempos pasados aos inicios da homofobia e a persecución posterior; da adulteración das cantigas medievais ou a represión franquista, ata os nosos días.
20:00 Bostofrío, de Paulo Carneiro
Nunha aldea remota do interior de Portugal, un novo cineasta rompe a lei do silencio para desenterrar a historia dos seus avós. Domingos Espada nunca recoñeceu ao proxenitor de Paulo Carneiro. A relación que o primeiro mantiña co fillo e Profetina, a avoa do realizador, atópase envolta por unha néboa de inmensas dúbidas que só poden ser despexadas por aquelas xentes que os coñeceron.
22:00 Fakir, de Helena Ignez
A longametraxe documental Fakir retrata o éxito do faquirismo en Brasil, América Latina e Francia. Este espectáculo que ten a súa orixe nas artes circenses é presentada e analizada a través de arquivos que revelan a notoriedade dos campionatos de resistencia á dor e a gran asistencia que tiñan estes eventos, todo un reclamo para políticos e funcionarios gobernamentais.
Máis
Hora
17 setembro, 2020 18:00 - 22:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes