
Primavera do Cine (Aud. Municipal)
Detalles do eventos
18:00 Curtas galegas bloque III: Badaladas de amor e morte, de Iria Ares Cafeína, de Sara C. Lorenzo e Julio López ¿Quién soy?, de Adrián García Seoane Homomaquia,
Detalles do eventos
18:00 Curtas galegas bloque III:
- Badaladas de amor e morte, de Iria Ares
- Cafeína, de Sara C. Lorenzo e Julio López
- ¿Quién soy?, de Adrián García Seoane
- Homomaquia, de David Fidalgo Omil
20:00 Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld
Marcelo Ndong, un sexaxenario artista e escritor africano formado no Circo dos Muchachos que rexenta na actualidade unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez o argumento será el, a súa propia vida. Co apoio de dous dos seus mellores alumnos, Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que o levará de novo a Santiago de Compostela.
22:00 De barrio, de Xurxo Chirro
Xurxo Chirro establece en De barrio un novo diálogo coa historia a través da figura de Benedicta Rodríguez, unha veciña de A Cruzada, o barrio natal do mesmo cineasta. En 1999, Gustavo González, irmán de Chirro, realízalle unha entrevista a Benedicta; do seu poderoso relato extráense as lembranzas dunha muller xa anciá que conserva toda a súa lucidez. Oito anos despois, Xurxo Chirro grava a Benedicta no seu fogar; recibindo o constante agarimo da súa filla e rodeada das fotografías que testemuñan a súa vida, a muller descansa na súa cadeira sen dar sinal algunha de consciencia
Máis
Hora
16 setembro, 2020 18:00 - 22:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual