VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Sota a llum do mar'

16set19:00Presentación 'Sota a llum do mar'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A fotógrafa catalá Espe Pons presenta este venres 16 o seu fotolibro ‘Sota a llum do mar’, ás 19:00 horas no salón de actos do MARCO de Vigo. A artista foi convidada por LASAL BOOKS, a librería do museo, no seu afán por poñer en valor a
fotografía de autor e os proxectos autoeditados.
‘Sota a llum do mar’ é un ensaio fotográfico que pretende dignificar as vítimas do franquismo da España da Guerra Civil e a posguerra. O proxecto baséase na historia do irmán pequeno do avó da fotógrafa, Tomàs Pons Albesa, que foi fusilado no
Camp da Bota de Barcelona en 1941 con 31 anos. A autora transitou os lugares que Tomàs percorreu durante os últimos momentos da súa vida e recompilou información da época relacionada co caso co obxectivo de reconstruír unha historia, ata o de agora, fragmentada.
Ao traballo acompáñano os textos de Vicenç Altaió, escritor, poeta e ensaísta, e de Cynthia Young, conservadora do Robert Capa Arquive no International Center of Photography de Nova York. Os textos desta publicación figuran en tres idiomas: catalán, castelán e inglés.
Exposicións e premios:
‘Sota a llum do mar’ foi seleccionado no programa FACER da Comunidad de Madrid e PHotoEspaña en 2019. Expúxose na Sala O Aguia de Madrid, no Museo Palau Solterra da Fundación Vila Casas, no MUME (Museo Memorial do Exilio) da Jonquera, no Festival Internacional de Fotografía de Belgrado (BPM) e no Castell de Montjuic co Instituto de Cultura de Barcelona. O fotolibro recibiu o Premio ArtsLibris Fundación BancSabadell concedido na Feira Internacional do Libro de Artista ArtsLibris de Barcelona.
Sobre a autora:
Espe Pons (Barcelona, 1973) ten como núcleo fundamental do seu traballo a memoria e a paisaxe. A miúdo a construción dos proxectos parte dunha certa poética visual chea de silencios. Outros sitúan a fotografía xusto no límite do propio medio, evidenciando as súas convencións. Nos seus últimos traballos ‘Portraits’, ‘Sota a llum do mar’ e ‘Terra‘ evidénciase unha mirada máis crítica e comprometida.

Máis