Presentación 'Soños á beiramar'

21out18:00Presentación 'Soños á beiramar'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) Libros para soñar

Detalles do eventos

A autora de Cangas, Rosa Estévez Gantes presentará o álbum ilustrado ‘Soños á beiramar’ o venres 21 de outubro ás 18:00h en Libros Para Soñar, nunha sesión de contacontos para nenas e nenos a partir de 3 anos na que tamén participará o músico Xico Peña. Será unha homenaxe ás danzas, aos sabores, ás melodías e á cultura do Brasil, país vencellado ao propio relato e á biografía da creadora deste libro, orixinaria de São Paulo.

Editado por Kalandraka en galego, castelán e portugués, está ilustrado polo artista vigués Rafa Antón. ‘Soños á beiramar’ é a historia dunha divertida xornada de xogos e confidencias entre dúas nenas unidas pola amizade, os soños compartidos e o sentimento de saudade.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events