COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Presentación 'Son da cidade'

07out20:00Presentación 'Son da cidade'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Liceo Marítimo de Bouzas

Detalles do eventos

Presentación do libro ‘Son da cidade’ de Pablo Vázquez e Denis Carballás no Liceo Marítimo de Bouzas. Haberá unha pequena actuación musical.

Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século, de Pablo Vázquez e Denis Carballás, é un ensaio ilustrado pioneiro que busca divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo. O proxecto abarca as últimas dúas décadas da música da cidade máis grande de Galicia e está publicado pola Editorial Galaxia. Xa se pode mercar en librerías e na web da editorial. 

Dunha maneira visualmente atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, os autores, achegan ás lectoras e lectores á música viguesa actual. Desde o rock ao trap, pasando polo folk, reggae e jazz, nas súas páxinas altérnanse textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical.Sen Senra, Killer Barbies, Eladio y los Seres Queridos, Carlos Núñez, Iván Ferreiro, ou Siniestro Total son só algúns exemplos do gran talento que atesoura esta investigación pormenorizada.

Denis Carballás e Pablo Vázquez, ambos os dous vigueses de 1995, colaboran xuntos desde que se coñeceron mentres estudaban Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Culminaron a carreira co seu documental Cuna de músicos, que recibiu críticas moi positivas no eido musical local e foi seleccionado na 32ª edición do Festival Cineuropa, en Santiago de Compostela. O filme fai un percorrido polas últimas catro décadas da música viguesa a través de dezasete entrevistas e abundante material de arquivo. A maiores, filmaron xuntos varios videoclips e concertos de artistas vigueses.

Pablo Vázquez traballa desde 2018 na revista cultural A Movida, exercendo como redactor e fotógrafo. Durante este tempo acudiu a numerosos concertos e festivais, e realizou máis dun centenar de artigos sobre música e artistas locais. Foi Xurado Novo en festivais de cine (Novos Cinemas en 2016 e San Sebastián en 2017) e en 2020 dirixiu o seu segundo documental, The Death: el reencuentro, seleccionado en Cineuropa e premiado no OUFF. En 2021 codirixiu a curta documental O profesor, gañadora do II Desafío Audiovisual Illas Cíes, e logrou un accésit no Concurso de Relatos Vigo Histórico.

Denis Carballás comezou a tocar a guitarra no ano 2010. Desde entón forma parte de diferentes bandas, entre as que se atopan The Riggos, Sniff & Crash, Beethoven Rollers ou o seu proxecto en solitario. Publicou varios discos e tocou en diferentes lugares do país. Foi dúas veces finalista dos premios Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2018 e 2019). Tamén compuxo as bandas sonoras de diferentes proxectos audiovisuais como Cando mamá pechou as caixas (2018) e O profesor (2021). Ademais, gústalle debuxar desde que ten memoria, polo que emprega esa afección neste e noutros moitos proxectos. 

Máis

Hora

7 outubro, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Liceo Marítimo de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events