
Detalles do eventos
A librería Librouro e o editorial Milenio organizan a presentación pública este próximo sábado 22, ás 12:00 horas do mediodía, do libro “Renta básica: una herramienta de futuro”,
Presentación "Renta básica: una herramienta de futuro"
A librería Librouro e o editorial Milenio organizan a presentación pública este próximo sábado 22, ás 12:00 horas do mediodía, do libro “Renta básica: una herramienta de futuro”, obra de Julen Bollain, acto que levará a cabo nas instalacións de Librouro ( C./Eduardo Iglesias, 12). O evento consistirá na presentación do libro e o posterior coloquio e firma. Trátase dun interesante ensaio deste novo economista e profesor univesitario sobre un tema de gran transcendencia económica e social especialmente tendo en conta os cambios abruptos que se están producindo nestes terreos e que fan da cuestión dunha renda básica mínima algo a considerar como solución previsible nun futuro non moi afastado. A entrada ao acto é gratuíta e libre ata completar aforo e desenvolverase na segunda planta do noso establecemento
Máis
(Sábado) 12:00
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra