ASNEVES
REVISTA MAIO

Presentación 'QWERTY'

09mar20:00Presentación 'QWERTY'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Ramón Carredano (Noia, 1950) presenta a súa nova novela ‘QWERTY’, editada por Editorial Elvira, e que obtivo o segundo premio no Certame Vilar Ponte na súa edición do ano 2019. Trátase dunha novela de ciencia ficción que transcorre en Galicia e que viaxa no tempo entre o século XVIII e un futurible século XXX. No acto intervirán o autor, o xornalista e escritor Fernando A. Fernández Domonte e o editor Xabier Romero.

Ramón Carredano foi actor e director, labores nos que aínda hoxe segue activo. A súa chegada á literatura foi tardía, iniciándose nas revistas Casa da Gramática e Alameda onde publica relatos e artigos. En 2002, gañou o premio de relatos de aventuras Avilés de Taramancos con ‘Frei Samuel’, premio que repetiu en 2004 con ‘A unlla da aguia’. En 2005, gaña o premio Merlín de literatura xuvenil coa obra ‘Unha branca de cobre para Martiño’. En 2008, publica ‘Veleno tinto’, no que aparece de novo o personaxe de Frei Samuel, un frade detective do século XIV, astuto e mullereiro, con máis afección á mesa que á misa. En 2011, escribe ‘Anacaona, el fin de una raza’.

A presentación será na Asociación Cultural Évame Oroza (Rúa Subida á Costa, 5 – Casco Vello Alto de Vigo) o xoves 9 ás 20h.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events