Presentación 'Puente levadizo'
Detalles do eventos
A selección panameña de fútbol enfrontarase á galega, que volve oito anos despois ao terreo de xogo, nun partido amigable que terá lugar o vindeiro
Detalles do eventos
A selección panameña de fútbol enfrontarase á galega, que volve oito anos despois ao terreo de xogo, nun partido amigable que terá lugar o vindeiro venres 31 de maio de 2024 no Estadio de Balaídos, e que serve de fogueo aos panameños que compiten este ano na próxima Copa América.
Nese marco desta celebración deportiva, presentarase en Vigo a antoloxía de contos Puente levadizo. Veinticuatro cuentista de Panamá y España, que nos ofrece a oportunidade de coñecer á «outra selección panameña», integrada por escritores contemporáneos. Chárlaa coloquio coa que se presentará a obra estará a cargo do escritor panameño Pedro Crenes Castro, antólogo da selección española de contistas, que tamén dita talleres literarios en Vigo, galardoado dúas veces co Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró en Panamá, nas categorías de conto e novela. É tamén Premio Nacional de Crítica Literaria en 2023. A selección panameña de contistas estivo a cargo do escritor panameño Enrique Jaramillo Levi, un dos máis importantes contistas centroamericanos.
A obra Puente levadizo. Veinticuatro cuentista de Panamá y España, publicouse en 2015 en España e en Panamá, e o vindeiro xoves 30 de maio, vésperas do partido de fútbol entre Panamá e Galicia, teremos a oportunidade de coñecela e adquirila como obsequio para celebrar este encontro deportivo e tamén literario. Será ás 19:00 na Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, na Avenida Martínez Garrido, 21.
Máis
Hora
30 maio, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes