VIALIA
HEAVY LUNGS

Este é un evento repetitivo

Desfile e flashmob de Samaín no Centro Comercial Travesía

31out17:0020:00Desfile e flashmob de Samaín no Centro Comercial TravesíaAS NOSAS FESTAS | De balde17:00 - 20:00(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O centro comercial Travesía pon en marcha novas iniciativas para a celebración de Samaín cunha gran variedade de actividades para gozar en familia. A planta alta será o epicentro das actividades, onde se instalará un photocall terrorífico
baseado na emblemática casa encantada de Bitelchus, creado a partir da reutilización de materiais doutras campañas.

As actividades para celebrar o Samaín terán lugar o mércores 30 e xoves 31 de outubro, de 17:00 a 20:00 , baixo o nome de A Trave encantada. O mércores haberá un desfile e flashmob dirixido pola actriz Cecilia Vázquez. Ao final da tarde, todos os que cubrisen a inscrición, participarán no sorteo dunha Nintendo Switch e unha tarxeta regalo de 120 € para gastar en Carrefour. O xoves haberá pintacaras e obradoiros de manualidades ao longo da tarde.

Os dous días tamén poderemos xogar ao clásico americán ‘Truco o trato’. O recinto comercial encherase de cabazas. Tódalas familias que queiran participar terán que ir na procura dos vinilos das cabazas, que estarán ubicados na entrada de todos os locais que participen, cando os atopen poderán entrar e pedir a súa recompensa. 

Máis

Hora

31 outubro, 2024 17:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events