
25mai20:00Presentación 'Poética del rock'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Librería Versus
Detalles do eventos
Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular é un percorrido polo rock e o pop escrito en inglés ao longo dos últimos 100 anos desde a
Presentación 'Poética del rock'
Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular é un percorrido polo rock e o pop escrito en inglés ao longo dos últimos 100 anos desde a perspectiva do discurso poético. Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil de Gárate analizárono a través dunha selección persoal de artistas e letras. O seu obxectivo era coñecer a evolución dos principais motivos da poesía do rock para desentrañar a materia lírica que liga aos seres humanos e que forma parte do imaxinario cultural compartido. Para iso traduciron case 600 cancións e elaboraron máis de 150 fichas monográficas co perfil poético dunha selección de compositoras e compositores esenciais para entender a historia da música pop e rock en inglés. Bosco e Susana estudaron os principais motivos poéticos nos que se centra cada etapa da historia do folk, o pop e o rock, así como a simboloxía recorrente nas composicións.
A idea do libro xurdiu a partir do curso homónimo “Poética del Rock”, coordinado por Susana, que Bosco impartiu na Universidade de Vigo entre outubro e decembro de 2020, un ano de pandemia no que máis que nunca se necesitaba o poder sanador da música e a poesía. Como relatan os autores, o modo no que as interpretacións en directo influían sobre o estado de ánimo das persoas que asistían, a resposta chea de emoción que transmitían e a forma en que se unían a partir da expresión común de sentimentos fixo pensar na importancia do universal sobre o particular, do que une fronte ao que separa.
Na presentación participarán os autores, o editor Jorge Bueno e o ilustrador Rubén Suárez. Este último e mais Bosco, voces da banda Family Folks, interpretarán en acústico algúns temas recollidos no libro.
Máis

(Xoves) 20:00
Librería Versus
Rúa de Venezuela, 80, 36204 Vigo, Pontevedra