VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Ocho perros'

06out19:30Presentación 'Ocho perros'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Casa del Libro

Detalles do eventos

O 6 de outubro (19:30 horas) presentarase na Casa do Libro a nova novela do escritor e xornalista Manuel Orío titulada «Ocho perros». No acto de presentación, no que haberá música en directo, contarán coa presencia do propio autor; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e cónsul de Polonia en Vigo, Juan Manuel Vieites, e o responsable da Editorial Elvira, Xabier Romero.

«Ocho perros». Un barco cun só tripulante a bordo, abandonado e maltreito en metade da Ría de Vigo; un xornalista de inestable vida sentimental, mergullado contra a súa vontade nunha trama demasiado cruel; un perturbado que, cegado pola súa sede de vinganza, mata sen mirar atrás; un honorable pai de familia quen, perdido o xuízo, decide tirarse espido dende a terraza dun emblemático edificio do centro de Vigo; dous xesuítas viaxeiros inmersos por pura casualidade na persecución dunha trama criminal que xoga con segredos inconfesables, e tres mulleres novas, listas e valerosas ás que o destino obriga a percorrer unha senda compartida e chea de perigos e sorpresas con risco das súas propias vidas…

Estes son os principais elementos que exercen como punto de partida de «Ocho perros», a nova novela escrita polo xornalista Manuel Orío quen, tras a boa acollida dispensada ao seu primeiro traballo, «Alservicio del Rey Carlos».

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events