
22mar20:00Presentación 'Multitudes'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Libraría Cartabón
Detalles do eventos
O mércores 22 de marzo ás 20:00 horas en Librería Cartabón, Xerais ofrécenos a presentación do novo libro de María Reimóndez, “Multitudes”. Entre o desastre
Presentación 'Multitudes'
O mércores 22 de marzo ás 20:00 horas en Librería Cartabón, Xerais ofrécenos a presentación do novo libro de María Reimóndez, “Multitudes”.
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse.
Intervirán, xunto coa a autora, a catedrática de Lingua Galega, Beatriz Barciela (en representación de Nós Mesmas) e a responsable de Comuniciación de Xerais, Sara Vila.
Máis

(Mércores) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra