REVISTA ABRIL

Presentación Miguelanxo Prado

25feb11:30Presentación Miguelanxo PradoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:30(GMT+01:00) Banda Deseñada

Detalles do eventos

Un título clave dentro da historia do cómic volve ter unha nova vida en forma de edición especial de 30 aniversario. Falamos de ‘Trazo de Tiza’, a obra que levou a Miguelanxo Prado ao altar dos grandes mestres. Para celebrar este 30 aniversario, Miguelanxo Prado estará en Banda Deseñada o sábado día 25 a partir das 11:30h para falar un pouco sobre esta nova edición e a continuación dedicar a obra a todos aqueles que aínda non a teñan entre as súas posesións. Un erro comiquero que poderedes liquidar o sábado 25 engadindo o plus de levarvos dedicada unha obra mestra.

Encargos: Se non te podes pasar, Miguelanxo aceptará encargos de cómics asinados sen debuxo. Entre todos os encargos recibidos realizarase un sorteo e 5 deles tamén levarán un bonito debuxo.

Sábado día 25 a partir das 11:30h en Banda Deseñada.

Prazas limitadas. Fai a túa reserva contactando co local no teléfono 986 12 95 71

Máis

Hora

(Sábado) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events