
03abr19:00Presentación 'Loor'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) El Corte Inglés
Detalles do eventos
«Axel, creo que matei a alguén». Con este enigmático whatsapp da súa compañeira Loor Galván comeza a mañá do venres 9 de marzo de
Detalles do eventos
«Axel, creo que matei a alguén».
Con este enigmático whatsapp da súa compañeira Loor Galván comeza a mañá do venres 9 de marzo de 2023 para o inspector de policía Axel Nash.
Loor terminou a noite anterior bébeda e espida na cama dunha estrela de Onlyfans, e espertouse envolvida en sangue e abrazada ao maltreito cadáver. Por suposto, non se acorda de nada.
Ao mesmo tempo, un maniaco advirte a Axel, mentres está en directo na tele, da aparición doutro cadáver no lago da Casa de Campo de Madrid. O comisario
Jorge Ortiz, presionado polas altas esferas do goberno da cidade, verase obrigado a asignar o caso ao seu mellor home, Axel Nash. A vítima é unha estrela do rock e lidera unha das bandas máis exitosas no panorama musical nacional.
Serán capaces Axel e Loor de resolver dous crimes ao mesmo tempo? É Loor unha asasina? Pode Axel confiar nela?
O autor
Luis García-Rey naceu en Vigo en 1981 e desenvolve a súa carreira como xornalista en televisión. Tras máis dunha década presentando a edición de fin de semana de Deportes Cuatro, agora mudouse a El Desmarque de Telecinco, tamén en fin de semana. A súa voz pódese escoitar pola noite en El Partidazo de COPE. Ademais, dirixe o Máster de Xornalismo Deportivo da Universidade Villanueva. Publicou a súa primeira novela, Axel, en 2023 con gran éxito de crítica e público.
Máis
Hora
3 abril, 2024 19:00(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual