VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación libro 'Tulleito'

13out19:30Presentación libro 'Tulleito'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Presentación de Tulleito, primeira novela de Isaac Pedrouzo. En Galería Maraca o xoves 13 de outubro ás 19:30h

So publicas a túa primeira novela unha vez na vida. Por iso, Tulleito é todo un acontecemento persoal e literario para Isaac Pedrouzo. Unha historia que axusta contas cun mesmo e coa vida, infestada de tenrura, humor, emoción e verdade, moitísima verdade. Debut literario en formato longo do ano desde xa.

Tulleito é a historia dunha persoa que, desde neno ata converterse en adulto, vai cambaleándose pola vida buscando quen é e quen quere ser. Unha novela ambiciosa, chea de rúa e de verdade, na que pasas da risa á emoción, da tenrura á melancolía.

Tulleito está editado en edición de tapa dura. Está deseñado por Studio Patten (maquetación e ilustración).

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events