REVISTA ABRIL

Presentación 'La aventura de la radio', de Arturo Maneiro

28dec19:00Presentación 'La aventura de la radio', de Arturo ManeiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Arturo Maneiro presenta o seu libro ‘La aventura de la radio‘, o 28 de decembro no restaurante de El Corte Inglés.

LA AVENTURA DE LA RADIO
Repaso á historia da radio en Galicia e aos pioneiros que a fixeron posible, co convencemento de que non pode ser allea ás circunstancias económicas, sociais e políticas nas que nacen.

Analízase tamén o impacto social que provoca o comezo da radiodifusión en cada contorna. Este impacto social tan só pódese coñecer por testemuños dos protagonistas ou polo reflexo que queda diso na prensa da época.

Case todos os datos que describen este ambiente son referencias recollidas dos diarios, a mellor fonte de información real da sociedade do momento. As datas, os feitos, as opinións recollidas no libro son necesarias para entender e encadrar ben o ambiente en que nacen as emisoras de radio como novo medio de comunicación, case tan impactante na súa época como foron na actualidade as novas tecnoloxías dixitais.

ARTURO MANEIRO VILA (1948)
Doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Navarra, foi director da Televisión de Galicia e da Radio Galega. É autor de varios libros e artigos relacionados cos medios de Comunicación. Entre as súas publicacións cabe destacar ‘Libro de Estilo de Informativos’, ‘Historia da Radiodifusión en Galicia (I)’ ou ‘A influencia dá TVG na promoción do galego’.

Mércores 28 ás 19:00

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events