REVISTA MAIO

ISIUS

24mai20:30ISIUSCONCERTOS | 11,00 €20:30(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Alá por 2022, o grupo vigués ISIUS fantaseó coa posibilidade de visitar Abbey Road para o seu próximo traballo. A axenda do escenario marcou os tempos e, finalmente, o pasado mes de decembro Jacobo de San Claudio, Alejandro Enríquez, José Viqueira, Carlos Gil e Edu Romero viaxaron a Londres para cruzar a porta do Estudo 2. Alí, no icónico lugar no que naceu a lenda de The Beatles, ISIUS gravou o seu cuarto disco.

Un disco no que a banda se reinventa presentando o seu novo concepto de música; máis cañero, con máis guitarras e con temas máis curtos que non superan os dous minutos de duración.

Un disco gravado en directo. Todos á vez, vella escola, ao máis puro estilo Beatles en Abbey Road. ISIUS prioriza neste traballo a enerxía que conseguen tocando xuntos; a forza, a frescura, a intensidade do directo.

Máis

Hora

24 maio, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events