Presentación: 'Historia de la acuación'

22set19:30Presentación: 'Historia de la acuación'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Casa del Libro

Detalles do eventos

Presentación de ‘Historia de la acuación. Arqueología de un silencio’, de Patricia Rivas, publicado pola editorial Ménades. No acto intervirán, ademais da autora, a catedrática Chis Oliveira e o director de cinema Miguel Castelo.

Resumo: Emitiches de maneira involuntaria grandes cantidades de fluído durante a práctica do sexo e nunca oíras falar diso? Sabías que esta realidade fisiolóxica preocupou moito aos teólogos medievais? Que ocorreu no século XVII para que esas referencias desaparecesen dos textos filosóficos, teolóxicos e médicos? Como unha coincidencia histórica pode afectar o modo en que as mulleres gozan do sexo? As letras de Patricia Rivas achegan con firmeza luz, coñecemento e recoñecemento acerca de todo iso nesta obra, no que resulta unha achega única e imprescindible no campo do ensaio acerca da sexualidade feminina.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events