COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Presentación 'Fremosas'

06xuñ20:30Presentación 'Fremosas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O xoves 6 de xuño o grupo Barahúnda presenta o seu libro-disco Fremosas, publicado por Editorial Toxosoutos. Trátase dun traballo musical e divulgativo no que Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro interpretan 12 cantigas galego-portuguesas con composicións musicais propias. O concerto dará comezo ás 20:00 horas e, se o tempo acompaña, será na praza exterior da asociación Évame Oroza (rúa Subida á Costa, 5, Casco Vello Alto, Vigo). Alí poderedes tamén atopar á venda o libro-disco, no que se inclúen textos de historiadoras, poetas, musicólogos, artistas como Domingos Morais, José Luís do Pico Orjais, Txema Mawenya, José Luis Sanz García-Ochoa, Xesús Santos ou Aurora Marco.

Barahúnda. A banda fundouse en 1998, pero non foi ata catro anos despois cando editaron o seu primeiro disco, Al sol de la hierba. Contiña cantigas, cancións sefardíes, e outras músicas tradicionais da Península. O seu segundo disco, Una hora en la ventana (Musikarte), é do ano 2006 e houbo que esperar ata 2015 para que saía á luz o seu terceiro traballo Múdanse os ventos e dous anos máis tarde chegou Onde vai o mar.

Máis

Hora

6 xuño, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events