REVISTA ABRIL

Presentación editorial 'Solar de Edicións'

19out19:30Presentación editorial 'Solar de Edicións'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

SOLAR de Edicións é unha editorial formada por Juan Gallego e Ignacio Pérez-Jofre, en Vigo, en 2022, co obxectivo de publicar libros de arte e literatura. “Entendemos a edición como un proceso creativo. Queremos publicar libros que aínda non existen e que sentimos o desexo de ver e ler.”

ENSAIO SOBRE A NOITE, primeiro título do catálogo, é un fotolibro de Nacho Alonso que reflicte a realidade máis crúa da noite urbana. É un libro duro, intenso e conmovedor. Non é un proxecto de fotografía documental, non mostra unha mirada externa, pretendidamente obxectiva. A obra de Nacho nace da experiencia, do coñecemento directo dos lugares, as persoas e as situacións que captura, o que produce unha impresión de proximidade, de empatía.

Nacho Alonso (Vigo, 1975) Estudou fotografía na Escola GrisArt de Barcelona. Realizou exposicións individuais no Halcon Milenario (Vigo, 2012) e Galería Lilliput (Vigo, 2015). Participou en exposicións colectivas como Nowhere, comisariada por David Varro (Casa dás Artes, Vigo, 2013) e Mambo Gallery (Vigo, 2017), entre outras. Foi convidado a mostrar a súa obra nos festivais Curtocircuito (Santiago de Compostela, 2019) e FFoco (A Coruña, 2019). As súas fotografías foron publicadas en revistas como Luzes ou Fotofobia Zine. Colaborou nas películas Stop the pounding heart (Roberto Minervini, 2012) e A estrela errante (Alberto Gracia, 2017).

Juan Gallego, licenciado en Belas Artes, é deseñador gráfico.

Ignacio Pérez-Jofre, doutor en Belas Artes, é artista e profesor na Universidade de Vigo.

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+02:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events