
Detalles do eventos
Presentación, organizada por Editora Urutau , do libro de Ángel Suanzes e Clara Honorato Soto “E se a memoria está na boca”.Os autores estarán acompañados por Iolanda Zúñiga.
Detalles do eventos
Presentación, organizada por Editora Urutau , do libro de Ángel Suanzes e Clara Honorato Soto “E se a memoria está na boca”.Os autores estarán acompañados por Iolanda Zúñiga. A presentación terá lugar o xoves 30 de xullo ás 20:00h na libraría Cartabón.
Na lapela da publicación -que xa vai camiño dunha segunda edición-, a propia Zúñiga describe os textos que compoñen este poemario como “unha secuencia de fotogramas que o autor arrebola coma proxectís, co propósito de perforar a carne da lectora, sen danarlle os órganos, mais procurando que a metralla desalentada enquiste, e levede, nas súas entrañas”.
“E se a memoria está na boca”, que mestura os versos de Ángel Suanzes coas coas fotografías de Clara Honorato xa se pode adquirir a través da páxina web da editora Urutau ou en varias librarías de Galicia: Paz e Metáfora (Pontevedra), Trama (Lugo), Pedreira e Numax (Compostela), Eixo(Ourense), Cartabón e Versus (Vigo), Suévia e Berbiriana (A Coruña), Aira das letras (Allariz), Bahía (Foz) e Central librera (Ferrol).
Ángel Suanzes concibe este poemario como un proceso de desvestir o interior para que quede á luz. Deste xeito, propón en E se a memoria está na boca un diálogo, unha conversa con alguén que non ten que ser necesariamente unha posible lectora, e convida a quen se achegue ao libro a adentrarse un xogo que busca a conversa entre diferentes narradores no espazo/tempo. “Gustaríame que algún día, se houbera lectoras, xogaran a completar elas a súa propia frase entre aspas. Que a poesía non quedara nun monólogo e poidera dar lugar a un diálogo e a unha escoita para a aprendizaxe”, engade.
Nunha viaxe a través da ausencia, o desacerto, a fraude e outros desencantos, o autor presenta neste libro o tempo como única solución do desamor. “Por iso a memoria”, di Suanzes, “por iso a néboa que sacude todo, por iso as fiestras e os reflexos, e por iso, esas fotografías que aportan todo o abandono que só o visual é quen de transmitir”.
Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforo estará limitado a *20 persoas no local. Obrigatoriedade do uso da máscara. Dispoñen de xel hidroalcohólico.
*Por motivos de control de aforo, será necesario anotarse, para asistir á presentación, na dirección de correo listacartabon@gmail.com. Haberá que indicar o nome, apelidos e número de teléfono.
Máis
Hora
30 xullo, 2020 20:00(GMT+02:00)
Localización
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra